A lan party Uxíanet volve a Ribeira

    RIBEIRA> A actividade, xa consolidada coma unha das citas tecnolóxicas máis importantes das que se celebran en Galicia, verase nesta edición ampliada a unha xornada máis. Será do xoves trece ó domingo dezaseis de outubro na Casa da Xuventude. Co paso dos anos a lan party Uxíanet foise abrindo oco no calendario deste tipo de citas tecnolóxicas a nivel Galicia, consolidándose ademais como unha das máis importantes das que se celebran na actualidade xunto con cidades como Coruña ou Ourense. Da man de novo da asociación Birus, entidade organizado xunto ó propio Concello, a edición deste ano presenta importantes novidades. Unha delas é que se verá ampliada a unha xornada máis, do xoves ó domingo. O número de prazas elévase as cen, e os participantes chegarán dende toda Galicia e tamén de lugares tan afastados como Sevilla, Valencia e Baleares. Como en edición anteriores a lan party estará dividida en dúas partes. A primeira, denominada intranet irá dirixida ós propios participantes, mentres que a segunda, a extranet, será de acceso libre a quen desexe asistir.