Calizamar dispón de tres meses para eliminar os olores a través dun sistema de descompresión

    BOIRO > O concello de Boiro dou un novo prazo de tres meses para que a empresa Calizamar elimine definitivamente os malos cheiros que afectan ós veciños. Os directivos da fábrica porán en marcha un plan de acción para erradicar definitivamente a emanación dos olores. De non ser efectivo no mes de abril, o concello ordeará o seu peche definitivo.

    Este mércores remataba o prazo dado polo executivo boirés a Calizamar para poñer fin ós problemas de malos olores que se veñen rexistrando dende hai anos.

    Sistema experimental

    Para analizar a situación, os representantes do concello reuníronse cos responsables da fábrica así como empresarios do polígono de Espiñeira e presidentes das comunidades de montes afecatdas. Entre todos acordaron dar máis marxe de tempo á empresa de tratamento de cuncha de mexillón para poñer en marcha un novo plan de acción, baseado na descompresión de tódalas cámaras para eliminar o aire por un único conducto.

    Este novo sistema deberá dar os seus froitos antes do 15 de abril, data límite para o peche da factoría no caso de que persistan os olores.

    Seguemento periódico

    Durante estes tres meses en que se porá en marcha o sistema de xeito experimental, a empresa presentará informes cada quince días e os responsables municipais desprazaranse ata as instalacións da fábrica en Espiñeira para comprobar o seu funcionamento.

    A decisión de conceder un aprazamento á empresa reside na necesidade de contar con este tipo de instalación en Boiro que da tratamento a un residuo difícil de reciclar. Neste sentido, dende o concello teñen a esperanza de que se poida compatibilizar o mantemento da actividade co benestar dos veciños. E semella que si, posto que nos últimos meses rediucíronse sensiblemente as emanacións o que fai augurar a efectividade do novo sistema para a eliminación definitiva dos malos olores.

    Redacción Barbanza