Os casos activos aumentan na Pobra a pesar do peche perimetral

POBRA> Dende o pasado sábado a Pobra do Caramiñal atópase no nivel máximo de restricións. Esta é xa a terceira vez que pechan o municipio este ano a consecuencia do incremento de casos activos de covid. Aínda así dende o Concello confían en que a situación cambie nos próximos días e se produza unha diminución nos contaxios.

O número de casos activos a día de hoxe na Pobra é de 43, a catorce días, e 14, a sete. Son cifras aínda bastante desfavorables, para que se produza un alivio nas restricións.

Dende o Concello seguen incidindo en que se deben valorar as medidas restrititivas, especialmente as que obrigan ó peche da hostalería, ó ver que esta medida non é unha solución á existencia dos gromos.

Aínda así, confían en que a situación mellore nos próximos días e se produza unha baixada de nivel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí