Barbanza súmase á recollida de firmas para mellorar a atención primaria

RIBEIRA> Ribeira sumouse á campaña de recollida de sinaturas que promove a plataforma SOS Sanidade Pública. O obxectivo é presentar unha iniciativa lexislativa popular que derive na aprobación dunha lei de medidas para mellorar a atención primaria en toda Galicia.

A primeira hora da mañá instalouse unha mesa ás portas do centro de saúde de Ribeira para recoller sinaturas que permitan presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento co fin de aprobar unha Proposición non de Lei para mellorar a atención primaria no Servizo Galego de Saúde.

A plataforma barbanzá sumouse ó chamamento de SOS Sanidade Pública ante a complicada situación que están a vivir moitos centros de saúde da comarca, especialmente os de Ribeira coa ausencia de cinco facultativos e a baixa prolongada do médico de Palmeira.

A pesar de que o Sergas anunciou a incorporación de cinco sanitarios a partir do mes de outubro, dende a plataforma sospeitan que se traducirá simplemente dun cambio de categoría profesional e non nun incremento real de prazas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí