RIBEIRA> O Centro Cultural Lustres Rivas acolle a mostra de pintura ‘Un arxentino afincado en Galicia’ de Carlos José Barbieri. A exposición realizar un percorrido pola traxectoria do artista a través das diferentes temáticas presentes na súa obra.
Os visitantes que o desexen poderán afondar na obra de Carlos Barbieri ata o 16 de xaneiro a través da mostra de corenta e tres óleos e acuarelas que permanece exposta no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.
O artista arxentino realiza a través desta mostra un percorrido pola súa traxectoria coas temáticas recorrentes que marcaron a súa obra dende motivos ecuestres e caninos ata as cada vez máis habituais estampas mariñeiras e de paisaxes galegas dende que hai dous anos recalara no Barbanza.
Debido ás restricións derivadas da pandemia, a inauguración da mostra realizouse a porta pechada tan só cos asistencia de autoridades e Olegario Sampedro, amigo do artista, que foi o encargado de descubrirlle moitos tesouros agochados da comarca.
A mostra permanecerá aberta ó público de luns a venres en horario de dez a dúas e de sete a nove. Os sábados poderá visitarse só polas mañás, entre as once e as dúas.