Os concellos do Barbanza piden que se desvíe o gasoduto polo trazado da autovía

    alegacionsgasoduto_100_080109.jpgBARBANZA >  Os membros do goberno boirés reuníronse cos veciños afectados polo trazado do gasoduto para abordar a presentación de alegacións.

    {flowplayer}barbanza/alegacionsgasoduto.flv{/flowplayer}

    O trazado do gasoduto do Barbanza, ó seu paso por Boiro, afecta a varios núcleos de vivendas, especialmente ó de Loimar, en Bealo, e a algunhas casas da parroquia de Cespón.

    Os veciños, arredor de cincuenta, presentarán unha serie de alegacións ó trazado da instalación de gas, consensuadas co concello que tamén fará chegar á Consellería de Innovación e Industria as súas propostas. Estas consisten fundamentalmente en desviar o trazado polos terreos xa afectados pola construción da autovía. No caso de que non sexa viable tecnicamente apostan por unha alternativa que non afecta a vivendas nin propiedades privadas.

    Acordo plenario

    Este tema tamén foi abordado polo pleno da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte que acordou adherirse ás alegacións presentadas polos concellos solicitando que o trazado discorra en paralelo á autovía do Barbanza. Así mesmo, solicitaron unha entrevista co director xeral de Industria para trasladarlle persoalmente as inquedanzas dos veciños da comarca. 

    No concello da Pobra, os tres partidos políticos con representación municipal tamén consensuaron as alegacións a presentar ó proxecto de construción do gasoduto do Barbanza. Ó igual que o resto dos concellos da comarca solicitan que a nova infraestrutura se realice en paralelo á autovía, para evitar a afección sobre fincas, vivendas e mesmo negocios no termo municipal pobrés. Ademais de minmizar o impacto no territorio, esta opción permitiría axilizar o proceso eliminando a apertura de novos expedientes de expropiación que custan tempo e diñeiro ás arcas municipais.

    Redacción Barbanza