Noia ofertará visitas guiadas polo casco histórico e rutas de sendeirismo

NOIA> Noia volverá ofertar este verán visitas guiadas polo casco histórico. Serán de xoves a sábado e percorrerán os principais atractivos turísticos e patrimoniais da vila. O prezo será de dous euros que se poderán consumir nos locais hostaleiros de Noia Histórica.

Ademais das visitas en formato tradicional, o concello e Noia Histórica volveron apostar polas visitas teatralizadas que terán lugar os sábados pola mañá así como unhas rutas de sendeirismo destinadas principalmente a público familiar.

Aconséllase reservar previamente posto que existe un máximo de 30 prazas por visita. O prezo é de dous euros canxeables mediante o consumo en calquera dos establecementos hostaleitos de Noia Histórica.

Tódalas visitas sairán as doce da mañá dende a alameda e percorrerán os principais puntos de interese do casco histórico da vila. Terán unha duración aproximada de hora e media.