O presidente de Portos anuncia importantes melloras na Pobra

    POBRA> O presidente de Portos de Galicia desprazouse ata A Pobra para supervisar os traballos de reparación e mantemento acometidos nos pantaláns do porto pesqueiro. Na visita, José Juan Durán anunciou o inminente comezo da actuación para o peche do peirao comercial. Ademais da reposición das travesas de madeira dos pantaláns, Portos do Galicia acometerá a mellora co saneamento dos piliotes das estruturas flotantes. Esta actuación súmase á pavimentación da vía de acceso ó porto que se acometeu durante as pasadas semanas no primeiro treito e que terá continuidade . Pero estas non son as únicas melloras que afronta o porto pobrense polo que xa están en fase contratación o peche do peirao comercial. Tamén en fase de tramitación está a realización de dragaxes en varios puntos do interior da dársena que ademais de incrementar o calado permitiría trasladar os áridos retirados ás autorizacións da confraría incrementando notablemente a produtividade.