VixP mantense aberto a negociar pero sen renunciar ás súas liñas vermellas

A POBRA> O retraso na celebración das sesións de investidura outorga maior marxe de manobra para pechar acordos nalgúns concellos como A Pobra onde as negociacións chegaron a un punto morto. De non avanzar na proposta para un cuadripartito entre Nós Pobra, BNG, PSOE e VIxP, gobernaría o PP en minoría.

O reparto de concelleiros resultantes nas pasadas eleccións sitúa á nova forza que irrompeu na corporación, VIxP, como elemento clave á hora de formar goberno. O seu candidato explicou a postura da súa formación tras estas semanas de intensas reunións cuns e outros nas que, polo momento, non se conseguiu chegar a acordo. As conversas estiveron condicionadas dende o inicio por dúas liñas vermellas

No transcurso das conversas, VIxP atopou maior sintonía co BNG ó coincidir ambos grupos na necesidade de que Nós Pobra debería ceder e renunciar a alcaldía, por ser a forza que máis apoios perdeu.

Así cousas, VIxP non dá por pechada a comunicación e están dispostos a seguir buscando entendemento nestas novas semanas de marxe a raíz do aprazamento propiciado polo reconto dos votos nulos.  De non chegar a entendemento, votaranse a si mesmos no pleno de investidura facilitando que goberne a lista máis votada.