![]()
POIO> A Festa da ameixa de Poio deste ano chega algo atrasada por mor da celebración fai uns días do triatlón de Poio,…
{flowplayer}images/salnes/ptac_festa_ameixa_240712.flv{/flowplayer}
… co que o Concello decidiu postergar esta celebración gastronómica. Finalmente será esta fin de semana, os días 28 e 29 de xullo cando se exalte esta ameixa da Ría de Pontevedra.
O que non varía nesta vixésimo quinta edición serán os prezos da ración: cada cazola de barro de ameixas á mariñeira custará 7 euros, sendo as ameixas con fabas ou con fideos a seis euros. A carpa de degustación estará aberta durante toda xornada do sábado e do domingo, e estará amenizada por música do país, e en especial, cas bandas de gaitas no noveno certame local, que tamén cambia de data.
Ó rematar este certame actuará o grupo senlleiro A Roda. Amais de música, esta Festa da Ameixa prepara unha nova homenaxe ás xubiladas do mar deste Concello.
Máis aló da exaltación deste producto da zona, o Concello de Poio tamén ten neste evento un revulsivo para o turismo local e tamén para o emprego, pois só o Consistorio esta fin de semana crea ex profeso dez novos postos de traballo.
Redacción Salnés










