Un morto e sete feridos nun incendio nunha fábrica de Curro

    fotoincendiocopia.jpgBARRO> Este é o tráxico balance do incendio que se produciu na fábrica de Comercial Vilanova. As primeiras hipóteses apuntan á explosión dunha caldeira.

    {flowplayer}images/salnes/IncencioCarpiteriaBarro.flv{/flowplayer}

    Un morto e sete feridos, dous deles de gravidade. Este é o tráxico balance do incendio que se produciu esta tarde na fábrica de Comercial Vilanova. Esta empresa, situada no concello de Barro, dedícase á fabricación de portas, e todo apunta a que foi unha explosión nunha das caldeiras de secado de verniz a causa do lume.  Al labores de extinción prolongáronse durante toda a tarde.

    Sete feridos de diversa consideración. Entre eles, traballadores da empresa e tamén a sobriña do propietario. O falecido, foi un veciño de Moraña de 34 anos de idade que segundo algúns dos presentes volveu a entrar na nave unha vez que xa saíra da mesma. Foi neste momento cando perdeu a vida sen que os veciños que se achegaran ata o lugar para axudar, puideran facer nada .

    Segundo primeiras hipóteses, a falta de levar a cabo as investigacións pertinentes, as causas do lume estarían na explosión dunha caldeira de secado de verniz que se empregaba nesta fábrica de portas.

    A falta de confirmar o estado dos feridos, son dous os que presentan maior gravidade. A lo menos un deles podería terse tirado pola ventá para fuxir do lume e sobre todo do fume que estaba invadindo o inmoble.

    Así é que os veciños atopábanse totalmente consternados, ademais, moitos amosaban tamén o seu enfado pola tardanza das ambulancias. Segundo os que se atopaban na zona tardaron demasiado en chegar.

    Dende os bombeiros non se quería dar máis importancia a este tema e aseguraron que se trasladaron ata o lugar nada máis recibiron o aviso. No momento do incidente estaban traballando da fábrica unhas dez persoas, o propietario da empresa, tivo aínda que non resultou ferido tivo que ser atendido tamén debido a unha crise de ansiedade.

    Co incendio controlado os bombeiros continuaron traballando para extinguilo totalmente e para evitar na medida do posible que os fumes procedentes dos materiais que había na fábrica se prolongaran moito tempo.

    Redacción Salnés