Máis de 30 veleiros competirán no LI Trofeo San Roque, VII Gran Premio Ramiro Carregal

VILAGARCÍA> As regatas de vela volverán a Vilagarcía coa disputa do quincuaxésimo primeiro Trofeo San Roque, sétimo gran premio Ramiro Carregal. A competición que terá lugar os día 24 e 25 contará coa participación de máis de 30 embarcacións.

A vela está sendo un dos deportes con máis protagonismo deste verán en Vilagarcía. Trala disputa do campionato europeo junior en 420 e 470, agora a vila celebrará ao quincuaxésimo primeiro trofeo San Roque, sétimo gran premio Ramiro Carregal da modalidade snipe.

A competición disputarase os días 24 e 25 a través de catro probas. Para o trofeo San Roque só contarán tres delas pero, o Gran Premio Ramiro Carregal o gañará o mellor barco da fin de semana. O empresario que patrocina o premio aposta outro ano máis por este deporte.

Dende o concello mostran a súa satisfacción por volver a acoller un campionato deste deporte.

A Xunta tamén colabora neste torneo e dende o ente autonómico destacan a gran labor que está a realizar a real federación galega de vela.

A regata é puntuable para o ranking galego que clasifica para o circuíto nacional.