![]()
VILANOVA> O presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, lembra ós socialistas que están sós na contenda, ó votar o BNG a favor da adquisición.
{flowplayer}images/salnes/terreos_hospital_220212.flv{/flowplayer}
O alcalde de Vilanova e presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, aclarou hoxe que a oposición do PSOE á ampliación do hospital comarcal non vai atrasar a compra dos terreos. Unha vez que a Deputación lles aprobou un anticipo, Durán afirma que proximamente se poderá efectuar a compra.
Gonzalo Durán considera que os socialistas do Salnés manteñen unha guerra concreta contra a ampliación do Hospital do Salnés. E tralo acontecido no último pleno da Mancomunidade, o presidente lémbralles que agora están solos nesa contenda, xa que o BNG votou a favor da compra de terreos.
Durán cre que os socialistas están cegados en facer oposición de calquera tema, e en concreto, sobre o alcalde da Illa, Manuel Vázquez, cre que actúa así por medo a que o edificio coñecido como Vila PSOE se vexa salpicado pola operación Campeón, na que se implicou a José Blanco.
O presidente da Mancomunidade informou que, ademais da ampliación do hospital, tamén traballan na consecución de terreos para o aparcamento.
Redacción Salnés








