Concello e Afasal manteñen os Espazos de Atención á Dependencia

    dependencia100_090109.jpgVILAGARCÍA > O Concello de Vilagarcía manterá este ano os Espazos de Atención á Dependencia postos en marcha o pasado mes de outubro, …

    … en colaboración con Afasal.

    A Concellería de Igualdade e do Benestar continuará financiando este programa, que ten como beneficiarias as persoas con enfermidades neurodexenerativas e ás súas familias. A edil Ana Lorenzo comentou que durante o primeiro trimestre do ano a Concellería costeará a prestación do servizo tres días á semana, con sesións de dúas horas ó día, que se prestan no Centro Social do Ramal. A achega municipal supón case o setenta por cento do custe total do programa, As outras dúas sesións corren a conta de Afasal.

    Ana Lorenzo amosouse satisfeita pola boa acollida que tiveron ata agora os Espazos de Apoio á Dependencia. Desde o mes de outubro, son dez as persoas enfermas de alzheimer ou con outro tipo de enfermidades neurodexenerativas que participan no programa, de carácter gratuíto. Os enfermos son atendidos por un psicólogo e un xerontólogo que lles fan actividades preventivas e de rehabilitación. O Concello lembra que inda quedan prazas para participar no programa e que as inscricións se fan nos Servizos Sociais.

    Redacción Salnés