O Popular Alfonso Rueda será Conselleiro de Presidencia

    rueda_100.jpgSALNÉS> O Presidente do PPdeG e futuro presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo ven de nomear conselleiro da Presidencia a Alfonso Rueda,…

     {flowplayer}images/salnes/150409_nomeamento_alfonso_rueda.flv{/flowplayer}

    … actual secretario xeral do PPdeG e director de campaña desta formación nas pasadas Eleccións Autonómicas. O que foi ata o de agora número 3 das listas do PP de G pola provincia de Pontevedra seguirá sendo o home de confianza de Núñez Feijóo, agora, desde o Goberno de Galicia. A nova era acollida hoxe con satisfacción en Cambados, onde Rueda Valenzuela, ten praza como secretario da administración local categoría superior.

    Alfonso Rueda renunciará o seu cargo como deputado na Cámara autonómica para non ter que compatibilizalo cas súas labores de conselleiro, tal e como se comprometera en campaña electoral o propio Feijóo.Así, o seu escano será ocupado por Alejandro Gómez Alonso, responsable da organización do PPdeG e que concorreu ás eleccións autonómicas como número 13 do PP de G por Pontevedra.

    Se tivese que producirse algunha outra renuncia nas listas das populares por esta provincia, o seguinte é Jesús Goldar, portavoz do Partido Popular en Caldas.

    Redacción Salnés