Agora Vermú regresa a Vilagarcía con tres concertos os primeiros domingos de xuño

VILAGARCÍA> Vilagarcía organizará 3 concertos matutinos na quinta edición do Agora Vermú. Isi Vaamonde, Pepe Vaamonde grupo e Carla Green e the Diamons actuarán 3 domingos diferentes durante o mes de xuño. Cada unhas das actuacións terá lugar nunha zona diferente da vila para dinamizar os barrios.

Tras dous anos de parada obrigatoria pola pandemia, Vilagarcía recupera o Agora Vermú. Unha iniciativa cultural coa que se levarán a cabo tres concertos matutinos durante os domingos do mes de xuño en diferentes puntos da vila. O Agora Vermú permite dinamizar os barrios e apoiar a hostalería.

O Agora Vermú comezará o domingo 5 co concerto de Isi Vaamonde na avenida da Mariña.

A segundo fin de semana será a quenda de Pepe Vaamonde grupo.

E o evento pecharase o domingo 12 coa actuación de Carla Green e The Diamons.

O Agora Vermú ten unha gran acollida en Vilagarcía e reforza a aposta do concello pola musica.

Todos os concertos terán lugar á 1 da tarde será abertos a público de forma gratuíta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí