Amigos de Ramón Sampedro o undécimo aniversario da súa morte

homenaxesampedro_100.jpgPORTO DO SON> A asociación ‘Dereito a Morrer Dignamente’ homenaxeou a Ramón Sampedro no undécimo aniversario da súa morte.

{flowplayer}barbanza/homenaxesampedro.flv{/flowplayer}

O doce de xaneiro de 1998 Ramón Sampedro conseguía finalmente facer realidade o seu desexo de quitarse a vida despois dunha dura loita por conseguir que as autoridades lexislaran o dereito á eutanasia. Dende entón, os seus achegados reúnense cada ano na praia das Furnas, onde Sampedro sufrira o accidente que o postrou para sempre nunha cadeira de rodas, para renderlle unha homenaxe.

Ofrenda floral

Numerosos amigos, familiares e representantes da Asociación ‘Dereito a Morrer Dignamente’ realizaron unha ofrenda floral arroxando ó mar caraveis en lembranza de Ramón para posteriormente dr lectura a fragmentos dalgúns dos seus poemas, a maioría deles extraídos do seu libro ‘Cartas desde el infierno’.

Ademais da emotiva homenaxe, este ano os actos deron comezo xa o sábado cunha conferencia celebrada no centro de interpretación do castro de Baroña. Baixo o título ‘Dignidad en la vida, dignidad en la muerte’ tres poñentes expuxeron a súa visión sobre a eutanasia e o suicidio asistido. Foron o excoordinador de urxencias do Hospital Severo Ochoa de Madrid, Luís Montes, o presidente da asociación federal ‘Derecho a Morir Dignamente’, Fernando Marín, e a presidenta da Asociación Dereito a Morrer Dignamente de Galicia, Carmen Vázquez.

Redacción Barbanza