O polbo volveu a ser o rei en Porto do Son

PORTO DO SON> A vila sonense acollía este pasado sábado unha nova edición da Festa de Exaltación do Polbo á que acudiron centos de persoas. Ademais do cefalópodo, do que se serviron ó redor duns tres mil quilos, tamén houbo mexillóns, churrasco e un ambiente festivo inigualable.

En Porto do Son o polbo volveu a ser o rei. A cita que chegou este ano á súa vixésimo sexta edición e nela repartíronse ó redor duns tres mil quilos de cefalópodo. O polbo foi cociñado á feira, preparado coa receita de sempre, sal, aceite e pimentón, regado cun bo viño branco e acompañado de pan para mollar. Fixo as delicias de tódolos que se achegaron pola carpa instalada no recinto portuario…e foron moitos. Detrás dos fogóns, como xa é habitual, a polbería Veloso de Puente Ulla, para os que o polbo sonense xa non ten segredos. A música tampouco faltou, a cargo dun grupo de música tradicional, que se encargou de animar a sobremesa.