Falece asfixiada unha anciá no incendio da súa casa

    incendio100_130109.jpgPONTEVEDRA > Unha muller de 78 anos morreu esta mañá tras un incendio na súa casa, no barrio pontevedrés de Monteporreiro.

    incendio1_300_130109.jpgPONTEVEDRA > Unha muller de 78 anos morreu esta mañá tras un incendio na súa casa, en Monteporreiro. A vítima estaba impedida en cama e resultou intoxicada polo fume que provocou unha tartera que unha das súas fillas deixara esquecida no lume.

    Os feitos tiveron lugar sobre a unha desta tarde, na rúa Luxemburgo, deste barrio pontevedrés. No momento do incendio a vítima, Hermosinda G.M., estaba soa na casa, impedida na cama, polo que non puido escapar do fume. Cando a súa filla volveu á casa e descubriu que estaba chea de fume solicitou a axuda dos veciños para sacar á súa nai, do interior da vivenda.

    A muller sufrira unha parada cardíaca por mor da inhalación de fume e aínda que ó lugar se desprazaron inmediatamente axentes da Policía Local e do 061 nada se puido facer para reanimala. Non chegou a haber lapas, o intenso fume obrigou á intervención dos Bombeiros que sufocaron o incendio.

    Redacción Salnés