A tensión e a incertidume marcan os plenos en Noia e Muros

investiduranoiamuros_100.jpgMUROS-NOIA> A investidura de García Guerrero foi posible grazas ó apoio do BNG e o N.O.I.A. e a socialista Caridad González será a alcaldesa de Muros.

Apupos e aplausos mesturáronse por igual no momento no que Rafael García Guerrero alzaba o bastón de bando do concello de Noia, tras proclamarse alcalde cos votos do seu grupo o PSOE, do BNG e dos independentes do NOIA.

A mesma escena, minutos antes, cando xuraba o cargo. Interrompido en varias ocasións no seu discurso, García Guerrero explicou que a súa elección é o resultado de comprender a política dende a concordia e o entendemento. Asemade, agarda responder as necesidades de Noia durante o mandato que ven de iniciarse, o terceiro no que ostenta a alcaldía.

{flowplayer}barbanza/investiduranoiamuros.flv{/flowplayer}

O partido popular, a forza máis votada, terá que ocupar de novo a oposición, logo de que, as negociacións entre o PSOE, o BNG e o NOIA deran os seus froitos.

Maioría simple

No concello de Muros, a maioría simple bastou a socialista Caridad González para facerse ca alcaldía, ó votar os concelleiros populares e os nacionalistas polos seus respectivos candidatos. Malia que este desenlace era previsible, a tensión marcou a sesión de investidura en previsión dun resultado distinto, xa que nada se sabía da postura que ían adoptar os edís do partido popular.

Para evitar altercados, as portas da casa do concello pecháronse tras completar o aforo do salón de plenos. Tras a votación, Caridad, visiblemente emocionada, agradeceu os muradás a confianza depositada na súa formación e os seus compañeiros de ringleiras o seu apoio incondicional.

Unha vez proclamada alcaldesa, Gonzalez Cerviño pediu a policía local que abrise a porta da casa do concello para que a cidadanía asistira o seu xuramento como nova rexedora do municipio.

Redacción Barbanza