Os veciños de Rubiáns manifestaranse se o xoves non está convocado o pleno

    asociacion_vecinos_rubians_100_120109.jpgVILAGARCÍA > A Asociación de Veciños asegura que non parará ata que a urbanización do Campo do Souto se inclúa no fondo anticrise

    {flowplayer}images/salnes/120109_reunion_politicos_vecinos_rubians.flv{/flowplayer}

    …Este sábado reuníanse cos voceiros dos grupos políticos na Corporación para conseguir que o executivo local accedese á súa demanda. Durante a xuntanza, tódalas agrupacións, agás o PSOE, apoiaron a súa petición. Agora agardan que no vindeiro pleno extraordinario os socialistas dean luz verde ás obras. De non facelo, ameazan con manifestacións.

    Este xoves é a data límite fixada pola asociación de veciños de Rubiáns para convocar ese pleno extraordinario. Durante a sesión, solicitada por BNG e Esquerda Unida, a corporación deberá decidir se se modifica ou non o plan de investimentos anticrise para incluír a construción dunha praza no Campo do Souto de Rubiáns. Na xuntanza do pasado sábado, o PSOE foi a única formación que se opuxo a esta modificación. Segundo o voceiro dos socialistas, Marcelino Abuín, as actuacións contempladas no fondo estatal requiren unha contratación inmediata, e praza de Rubiáns implicaría trámites máis complexos. Abuín explicou que o executivo local decidiu incluír estas obras no Plan Provincial de Cooperación da Deputación de Pontevedra, que conta cun orzamento de 149 mil euros. Para os afectados, trátase dunha cifra insuficiente.

    Dende a asociación acusan ó voceiro socialista de limitarse a buscar escusas ó referirse ó convenio asinado hai tempo coa Igrexa. Segundo o presidente do colectivo, Xurxo Abuín, esta institución nunca puxo problemas para construir en Campo Longo.

    Os representantes da Asociación aseguran que a súa vontade é resolver esta demanda pola vía do diálogo. Esixen ó executivo local que convoque o pleno extraordinario antes deste xoves. De non ser así, ameazan coa convocatoria de manifestacións.

    Redacción Salnés