PONTEVEDRA> O Café Moderno en Pontevedra acolle ó longo do mes de setembro estas conferencias. Ademais, ofrecen visitas guiadas ó xacemento.
{flowplayer}images/salnes/XORNADAS_LANZADA.flv{/flowplayer}
O Café Moderno de Caixa Galicia en Pontevedra acolle desde o pasado venres o ciclo de conferencias sobre o xacemento arqueolóxico da Lanzada.
A primeira intervención foi a cargo do arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez Martínez. Nesta ocasión fixo unha retrospectiva temporal sobre as diferentes intervencións arqueolóxicas que se realizaron na zona. Tamén avanzou novidades dos resultados da actual investigación.
Ademais, este venres proxectarase o documental Os narradores do Caraguatá. As charlas continúan o día dezasete coa intervención de Manuel Gago cunha conferencia sobre as diferentes construccións que se atoparon neste xacemento. O vintecatro Xurxo Ayán proxectará o documental "O Neixón: Historia viva dun castro". Un cinta que recolle o traballo desenvolto no proxecto arqueolóxico dos castros de Neixón. E
Pechará o ciclo Paula Ballesteros Arias, do CSIC, que disertará sobre o patrimonio cultural de a Illa de Ons.
Tamén no marco do Proxecto Pousadas, CSIC e Deputación ofrecen visitas guiadas ás escavacións de luns a venres, previa cita.
Redacción Salnés