Vinte alumnos finalizan o curso de acompañante de transporte escolar de AMICOS

RIBEIRA> Os quince alumnos do curso de Acompañante de Transporte Escolar impartido en Ribeira pola asociación AMICOS recolleron esta mañá o seu diploma. A actividade formativa conta coa colaboración do concello, a Obra Social de La Caixa e o Fondo Social Europeo.

O viveiro de empresas de Ribeira acolleu o curso de acompañante de transporte escolar enmarcado nos Itinerarios Personalizados de Inserción Laboral que desenvolve a asociación AMICOS. Foron quince os alumnos que realizaron esta formación específica e que esta mañá recolleron o diploma que acredita a súa capacitación profesional.

O concello de Ribeira e a Obra Social La Caixa colaboran nesta e noutros cursos enmarcados no Programa Operativo de Inclusión e Economía Social.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí