LOUSAME> O concello de Lousame segue a traballar na renovación da rede do alumeado público para favorecer a eficiencia enerxética. Pretende así reducir os custos de facturación eléctrica que no pasado ano supuxeron un incremento de 150 mil euros con respecto á partida inicial.
Tras acometer a renovación de parte do alumeado público cunha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, aínda pendente de cobro, o concello de Lousame ven de aprobar a súa continuidade cun proxecto orzamentado en 200 mil euros que se financiará con cargo á liña de créditos sen xuros convocada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Dende o concello de Lousame consideran urxente acometer este cambio por sistemas eléctricos máis eficientes para facer fronte á suba da tarifa que no pasado ano supuxo un incremento de 150 mil euros con respecto ó presupostado.