Os taxistas de Boiro rexeitan o cambio da parada en Robustiano Pérez del Río

    obrasrobustiano_100_130109.jpgBOIRO > A peonalización no entorno do concello de Boiro seguen sendo obxecto de polémica. Agora tocoulle a quenda á rúa Robustiano Pérez del Río.

    {flowplayer}barbanza/obrasrobustiano.flv{/flowplayer}

    Tras dous anos pendente de execución, o inicio das obras na rúa Robustiano Pérez del Río non contentou a tódolos usuarios. Os principais afectados, e os que máis se opoñen á actuación, son os taxistas posto que a reordenación do tráfico obrigou a desprazar a parada dos taxis ó carril da dereita o que supón diversas molestias á hora de desenvolver o seu traballo.

    Máis fluidez

    Pola contra, os comerciantes da zona non se opoñen á actuación. Se ben botan en falta máis prazas de aparcamento consideran que a remodelación da rúa contribuirá á fluidez do tráfico co que será beneficiosa.

    Sobre estas obras tamén se pronunciou o Partido Popular que levará a pleno unha moción solicitando a reubicación da parada de taxis novamente na marxe esquerda da rúa así como as modificacións oportunas que permitan un mellor acceso ó parquin municipal así como na intersección con Santos Mieites. 

    Necesidade de evitar atascos

    Pola súa banda, dende o concello informaron que as obras son froito da necesidade de desatascar unha zona problemática no centro de Boiro, posto que se producen frecuentes colapsos no acceso ó aparcadoiro municipal. Para elo, se habilitará un carril de acceso no antigo aparcamento dos taxis.

    Beneficios

    Segundo o edil de obras, a actuación, que estará rematada para o mes, contribuirá a mellorar a fluidez do tráfico e non suporá ningún prexuízo para o comercio posto que no inicio da ría habilitarase unha zona de carga e descarga. Así, estímase que tan só se perderán cinco ou seis prazas de aparcamento e despois da entrada do aparcadoiro crearase unha zona verde que fará máis atractivo o entorno.

    Neste sentido, dende o concello recoñecen que houbo demora na execución da obra pero defenden o seu deseño do que, segundo explicaron tanto o alcalde como o responsable de obras, se lle informou no seu día ó colectivo dos taxistas.

    Redacción Barbanza