Deputación e concello de Boiro ceden unha furgoneta ó Club de Piragüismo

    BOIRO> A colaboración do concello de Boiro e a Deputación da Coruña fixo posible que o Club de Piragüismo Rías Baixas conte cunha nova furgoneta para os desprazamentos do equipo. O novo vehículo non pode chegar en mellor momento posto que estrearase esta fin de semana para viaxar ata Sevilla onde o club participará no Campionato de inverno. O apoio ó deporte base é unha das premisas básicas do concello de Boiro que, xunto coa Deputación da Coruña, achegou o financiamento necesario para adquirir esta furgoneta para o Club de Piragüismo Rías Baixas. Un vehículo moi necesario para a entidade que precisa desprazar tanto ós deportistas como material ós numerosos campionatos nos que participa tanto a nivel nacional como internacional. O apoio das administracións, das familias e o esforzo de deportistas e adestradores conseguiu situar ó club na elite do piragüismo contando nas súas filas cun campión do mundo, Cristian Silva. Por diante, teñen agora novos retos e obxectivos como o campionato de España que disputarán esta fin de semana en Sevilla. Aínda que a principal meta do club é seguir formando novos deportistas dende a base.