POBRA> Envían a prisión á un pobrense ó que se lle atribúen un total de 33 delitos de roubo con forza a locais hostaleiros, vehículos e vivendas do municipio, cometidos dende o pasado mes de setembro.
Trátase dun vello coñecido das forzas da orde, ó que a Garda Civil de Boiro detivo ata tres veces no último último mes, a última delas o pasado luns.
Á vista das dilixencias practicadas polos axentes do Instituto Armado, o titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 1 de Ribeira decidiu o seu ingreso en prisión preventiva, comunicada e sen fianza.











