A aldea de Taramancos acolle un belén do máis especial

    NOIA> Desprazámonos agora ata a aldea de Taramancos, en Noia, onde os veciños veñen de montar un orixinal belén. Animais vivos e vistosas figuran compoñen este nacemento, instalada nun alpendre do lugar. A pequena aldea de Taramancos loce este Nadal máis fermosa que nunca coa montaxe dun belén moi especial. Xunto ás figuras, elaboradas por un veciño, podemos atopar animais vivos que confiren maior realismo a esta posta en escena. Non lle falta detalle a este nacemento que mesmo conta con instalación eléctrica para o alumeado. Todo, grazas á colaboración de toda a aldea. Nenos e maiores quixeron colaborar con esta iniciativa, promovida pola asociación de veciños, aportando o que cada un sabe facer. A intención do colectivo veciñal é continuar co belén nos próximos anos, coa incorporación de novos elementos e pulindo pequenos detalles.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí