O executivo pobrés incrementará a vixilancia nas rúas

    actosvandalicospobra_100_130109.jpgPOBRA > Con esta medida pretende rematar cos numerosos actos vandálicos e roubos a pequena escala que se están producindo nas últimas semanas.

    {flowplayer}barbanza/actosvandalicospobra.flv{/flowplayer}

    O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, amosou a súa preocupación ante a oleada de pequenos roubos e actos vandálicos que se están a producir nas últimas semanas no municipio. Así fixo alusión o roubos perpetrados en varios comercios e rúas, así como no quiosco existente na alameda, que posteriormente foi  incendiado. Tamén fixo referencia á queima de varios contedores de lixo nas proximidades da rúa María Mariño.

    Turno de noite

    Por esta razón nas últimas horas  mantivo xuntanzas cos responsables da Garda Civil e da Policía Local no municipio para aumenta-la vixilancia na rúa. Está previsto que a partir do vindeiro venres os axentes da Policía Local inicien o seu turno de noite que fora suspendido no seu día debido ás numerosas baixas existentes na plantilla.

    Mensaxe tranquilidade

    A pesar destes incidentes, quixo enviar á cidadanía unha mensaxe de tranquilidade.

    Redacción Barbanza