A alcaldesa denuncia a varios concelleiros do BNG por inxurias

    alcaldesa_pontecesures_100.jpgPONTECESURES> Acúsaos dun presunto delito de calumnias por publicar que a rexedora empregara fondos públicos ‘en beneficio propio’.

    Todo comezou trala publicación por parte do Bloque Nacionalista Galego de Pontecesures dun pasquín no que aseguraban que a alcaldesa Maribel Castro, aproveitara a adxudicación dunhas obras de recuperación do Regato da Chancela para mellorar o entorno da súa vivenda. No folleto, repartido polas vivendas do municipio, os nacionalistas acusaban á rexedora de aproveitar o seu cargo e servirse de fondos públicos en beneficio propio.

    Maribel Castro intentou promover un acto de conciliación nos xulgados de paz para que os redactores do panfleto puidesen desculparse e pechar o conflito, Pero os nacionalistas non se presentaron, polo que a alcaldesa decidiu tomar a vía xudicial e presentar no xulgado de Caldas de Reis unha denuncia por un presunto delito de inxurias e calumnias contra os concelleiros Luis Álvarez Angueira, Cecilia Tarela, Arturo Ferro, Margarita García e e o ex edil do BNG Xosé Antonio Baliñas. Foron os redactores do pasquín, e solicita para eles unha condena na que se lles obrigue a rectificar estas acusacións en idéntica forma e modo á que foron vertidas e unha indemnización por danos e prexuízos.

    Redacción Salnés