A Xunta investiu 56 millóns en dez anos para o saneamento da ría de Arousa

SALNÉS/BARBANZA> 56 millóns de euros en dez anos para avanzar no saneamento da ría de Arousa. Así resume a Xunta de Galicia a situación do plan para mellorar a calidade das augas desta ría. Na actualidade, asegura que a folla de ruta está executada nun 80%, e que permitiu emendar ata 130 puntos de vertido contaminantes.

Dez anos, 56 millóns de euros investidos e 130 puntos de vertido contaminantes á ría menos. Estas son algunhas das cifras que nos deixa o balance que a Xunta fai da execución do seu plan para o saneamento da ría de Arousa.

O control dos vertidos ao mar, a execución e posta en servizo de infraestruturas de saneamento e a depuración e xestión destes equipamentos, son as tres liñas básicas que sigue o plan. Un traballo que, aseguran, beneficia ao sector produtivo do mar.

Ademais, a Xunta prevé un investimento de 17 millóns de euros na mellora dos sistemas de saneamento de Cambados, Vilanova, A Illa e Vilagarcía. Aquí tamén se mellorará a depuradora.

A obra de maior envergadura que se está a executar na actualidade é en Rianxo, por valor de 14 millóns de euros.

Comments are closed.