A compañía teatral máis antiga de Galicia celebra o seu 75 aniversario

    airinos_100_150108.jpgRIANXO > O grupo de teatro ‘Airiños’ do Centro Cultural Simón Varela de Asados en Rianxo celebra este ano o seu 75 aniversario.

    {flowplayer}barbanza/airinos.flv{/flowplayer}

    A pesar dos 75 anos de vida, o grupo de teatro ‘Airiños’ do Centro Cultural Simón Varela de Asados, goza de boa saúde. Presume de ser a compañía máis antiga de Galicia que segue en activo. Foi fundada no ano 1933.

    Por esta razón e co gallo de conmemorar tan significativa data preparouse un amplo e variado programa de actividades que se desenvolverán ó longo dos meses de xaneiro, febreiro e marzo.

    Volta ós inicios

    Na lembranza daqueles actores que decidiron subirse por primeira vez ó escenario, a maioría deles xa falecidos, o grupo repoñerá a mesma obra coa que eles comezaron. ‘A retirada de Napoleón’.

    Aínda así os actos máis emotivos desenvolveranse en Marzo. Está prevista a proxección dun documental realizado por Antonio Caeiro no que se recolle a historia do grupo teatral que leva por título ‘Esta noite, velada’. Ademais presentarase un libro-catálogo e realizarase unha exposición na que se recollen imaxes das distintas épocas da compañía.

    A culminación ós actos do 75 aniversario terá lugar coa celebración dunha gala conmemorativa na que participarán uns 200 integrantes do grupo que xa son parte da historia de ‘Airiños’.

    Redacción Barbanza