Teresa Casal anuncia un pacto inminente co BNG

    PONTEVEDRA > Á falta de tres días para cumprirse dous meses dende as eleccións a portavoz do PSOE de Pontevedra, Teresa Casal, anunciou hoxe en rolda da prensa que finalmente se chagará a acordo entre o PSOE e o BNG. A firma do pacto de goberno non está decidida pero todo apunta a que a decisión se tomará na reunión que terán ambos partidos o xoves ás 9.30 horas no concello.

    teresacasalanunciapacto_300_240707__still_002.jpgA portavoz do partido socialista de Pontevedra, Teresa Casal, desvelou esta mañá o motivo da reunión levada a cabo no concello entre o partido socialista e os nacionalistas o pasado sábado. Esta reunión parece poñer fin á incertidume do goberno pontevedrés. Casal afirmou que este anuncio dunha coalición inminente dáse gracias ó cambio de actitude amosado polo Bloque Nacionalista o pasado sábado. A socialista dixo tamén que ‘os socialistas sempre tivemos claro o que queríamos e o que lle conviña ó interese xeral de Pontevedra polo que este pacto puído anunciarse hai moito’

    Pese ó tira e afloxa levado a cabo polos socialistas e nacionalistas, Casal recalcou que agarda que o mandato coaligado de Pontevedra siga sendo considerado en toda Galicia como un exemplo de diálogo e entendemento. Pola conta, o portavoz do Partido Popular, Telmo Martín, afirmaba media hora antes de facerse público este acordo nunha rolda de prensa sobre temas do partido, que non está de acordo cun pacto de goberno porque aínda que están no seu dereito dixo que ‘non están no seu dereito de marear así a perdiz e de facer casamentos de conveniencia’. Sen embargo, o portavoz da oposición afirmou que o respectarán.

    Redacción Salnés