![]()
VILAGARCÍA > Protestan pola decisión da comisión de goberno de non incluír a praza do Campo do Souto nos fondos estatais.
{flowplayer}images/salnes/140109_vecinos_rubians.flv{/flowplayer}
Os veciños de Rubiáns están indignados. Logo de esixir o luns a convocatoria dun pleno extraordinario antes deste xoves para debater a incorporación da praza do Campo do Souto nos fondos estatais, o executivo local non só non convocou o pleno neste prazo senón que onte, na xunta de goberno, os socialistas aprobaron o borrador sen ter en conta a praza de Rubiáns. Para o presidente da Asociación de Veciños, Xurxo Abuín, trátase dun xesto de mala vontade política, e pon no centro das súas críticas ó edil de Xestión do Territorio Marcelino Abuín, ó que acusa de impor as súas decisións e actuar coma se fose o alcalde.
O colectivo sostén que o edil socialista trata de evitar ós veciños convocando o pleno o vindeiro luns ás dez da mañá. Segundo Xurxo Abuín, unha proba más da discriminación que sofre Rubiáns. Ademais de anunciar próximas mobilizacións, a asociación de veciños esixe a dimisión de Marcelino Abuín.
Redacción Salnés









