As escavacións de Fefiñáns atopan a estrutura da antiga escalinata frontal da igrexa de San Bieito

CAMBADOS> As escavacións diante da igrexa de San Bieto en Cambados atopan a estrutura da antiga escaleira frontal cara a praza de Fefiñáns. Con este achado, concello e investigadores confían en que patrimonio cumpra a súa promesa e acepte o proxecto de restauración das escalinatas. De ser aprobado, o muro se retrasaría ata a súa posición inicial e o acceso á igrexa dende Fefiñáns quedaría só por estes chanzos frontais.

O proxecto de remodelación da Praza de Fefiñáns é posible que se remate tal e como desexaba o concello de Cambados, coa restauración da antiga escaleira frontal da igrexa de San Bieito. Esta restauración é agora máis posible grazas a que as escavacións atoparon a estrutura da antiga escalinata.

Unha vez rematada a fotometría, o concello enviará un informe a patrimonio para que a administración acepte a obra de restauración da escaleiras. Segundo o concello, patrimonio comprometeuse a aprobar este proxecto se aparecía a estrutura das escalinatas.

No que caso de que sexa aprobado por patrimonio, o proxecto consistirá en retrasar o muro ata a súa localización inicial, antes de 1970. A escaleiras laterais desaparecerían e só quedaría a escalinata frontal.

Os traballos continuarán ao longo desta semana. As escavacións centrarase agora nos laterais da estrutura da escalinata buscando novos avances.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí