Un showcooking abre boca cara a Festa da Raia 2017

    SANXENXO> Portonovo non renuncia á súa Festa da Raia. A pesares das dificultades, a cita xa ten data para o ano que ven: celebrarase os días 29 e 30 de abril. Pero mentres, o concello quere ir abrindo boca, con diferentes eventos promocionais. O primeiro celebrouse este sábado na lonxa de Portonovo, coa presentación da festa e un showcooking.

     

    Aínda queda tempo para a Festa da Raia. Tras moitas dificultades para fixar data, será os días 29 e 30 de abril de 2017.

    Mentres agardan, o concello e os colectivos preparan varias actividades promocionais para ir abrindo boca. A primeira foi este sábado na lonxa de Portonovo, cun showcooking a cargo dos alumnos do obradoiro de hostalería.

    O programa da festa aínda está sen pechar. No eido gastronómico, a intención é incorporar á oferta novos produtos do mar máis aló da raia. Ademais, contará con actividades paralelas como a BTTraia, ou a concentración moteira Vespa Raiada.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/ptac_festa_raia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/ptac_festa_raia.mp4{/flowplayer}