Desamárrase polémica política polo peche de Alfageme no Concello

    VILAGARCIA> Continúa o peche das traballadoras de Alfageme no Concello de Vilagarcía tras pasar a noite maldurmindo nestas instalacións.

    {flowplayer}images/salnes/continua_peche_alfageme_161012.flv{/flowplayer}

    O plantel de Alfageme espertouse hoxe cas acusacións dos populares de que estaban a ser utilizadas polos nacionalistas en plena campaña electoral. Unha acusación que rexeitan desde o BNG xa que foi o PP o que adiantou as eleccións e fixou o prazo de resolución neste xoves, facendo coincidir os tempos electorais ca recta final do conflicto.

    As traballadoras, pola súa banda, amósanse molestas con estas acusacións que as poñen por menos. Ate o de agora ninguén convidou a irse a estas traballadoras da Casa Consistorial. Sospeitan que esta conivencia poida deberse ó actual período electoral.

    Amais, desde Alfageme fan unha chamada ó apoio dos principais grupos políticos, da sociedade en xeral e dos outros sindicatos en particular, que ate o de agora aínda non se uniron a esta mobilización.

    Desde o BNG de Cambados veñen de responder ás acusacións onte do Partido Popular local. Os nacionalistas aseguran que Alfageme non é unha prioridade para o PP, xa que non aceptan a convocatoria dun pleno extraordinario destinado a meter presión á Xunta, antes de que se esgote o prazo de resolución o vindeiro xoves.

    Redacción Salnés