Rañeiros solicita á consellería un paro biolóxico dos bancos de libre marisqueo por falta de ameixa

A ILLA> Rañeiros da Ría de Arousa solicita á consellería de pesca un paro biolóxico dos bancos de libre marisqueo. A asociación toma esta decisión debido á pouca ameixa que atopan nas zonas de extracción e o seu escaso tamaño. Advirten que é necesario parar para non esgotar o produto.

A pesar de atoparnos nunha época clave para o sector do marisqueo, a situación da Ría de Arousa é preocupante. Os bancos de libres de marisqueo atópanse baixo mínimos.

Esta situación provoca que os bancos marisqueiros atópense ao límite. De continuar extraendo a ameixa, os mariscadores consideran que estarían hipotecando as campañas dos vindeiros anos, por iso dende Rañeiros solicitan unha parada biolóxica.

A situación afecta de forma considerable á economía destes traballadores, de feito, son moitos os que se trasladaron ás Rías de Noia e Pontevedra para poder salvar a campaña. Esta parada permitiría que os bancos ser recuperasen e que os mariscadores recibisen unha axuda.

Dende rañeiros sinalan que a solución para o problema dos bancos sería facer arados e aumentar as sementes.

Dende a consellería tamén anunciaron que están estudando a situación. A administración valorará a incidencia do problema para poder determinar as condicións coas que se aprobaría o parón biolóxico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí