Proban un pioneiro sistema de enerxía minieólica no Náutico

    aeroxerador_nautico_portonovocopy.jpgPORTONOVO> Trátase dunha proba experimental de obteción de enerxía eléctrica que permite unha maior eficiencia e aforro enerxético.

    {flowplayer}images/salnes/ENERXIA_PORTONOVO_COLEO_IZADO_BANDEIRA.flv{/flowplayer}

    O Presidente de Portos de Galicia asistiu esta mañá, no Club Náutico de Portonovo, á presentación do primeiro mini xerador eólico que se instala nun porto galego. Aínda que se trata dunha proba experimental, o ente autonómico non descarta a súa implantación noutras instalacións portuarias.

    Coa instalación desta nova tecnoloxía, o Club Náutico de Portonovo sitúase á cabeza dos portos galegos na implantación de enerxías renovables ó ser o primeiro que conta cun aeroxerador de eixe vertical. Este sistema persegue a produción de enerxía eléctrica que permita unha maior eficiencia e aforro enerxético no recinto portuario.

    Neste senso, a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, amosou a súa satisfacción ó contar cunhas instalacións pioneiras no uso de alternativas á enerxía eléctrica. De dar os seus froitos esta proba experimental, a seguinte fase do proxecto sería a implantación doutros mini xeradores nos pantaláns.

    Pero o Náutico de Portonovo non é só pioneiro na instalación deste mini xerador eólico senón tamén doutros sistemas que lles permite reducilo custe en enerxía eléctrica.

    Q Calidade

    Ó remate da presentación deste mini xerador eólico, o presidente do Club Náutico, xunto ó presidente de Portos de Galicia, a alcaldesa de Sanxenxo e o Presidente do INEGA, procederon ó izado da bandeira do galardón de Q de Calidade. Deste xeito, Portonovo súmase ós outros cinco portos galegos ós que ó Instituto para a Calidade Turística Española concedeu esta distinción. Con estas cifras, Galicia sitúase como líder nacional ó ostentar a metade das distincións concedidas ás instalacións náutico-recreativas en toda Galicia.

    Redacción Salnés