O Viajes Interrías despide a temporada con outra victoria

futbolsala250_050509.jpgSALNÉS> Rematou a liga, na Primeira Nacional B. O Viajes Interrías, co ascenso no peto dende hai quince días, despedíuse con victoria tras impoñerse ó Pontenova. O Grupo Junquera fíxoo cun empate na súa pista ante o Bueu que soubo a pouco.

Pese ás numerosas baixas coas que acudía ó derradeiro encontro ligueiro, o Viajes Interrías sacou adiante un partido nada sinxelo ante o Superti Pontenova ó que se impuxo por 1-3.

O peso do choque, eso sí, levouno o cadro local, que pese a ter a posesión non inquietou a portería defendida po Edu. Mentres, os portonoveses adicáronse a defender no seu propio campo e saír á contra. Nunha desas atoparon o primeiro tanto ós nove minutos na botas de Rubén.

Os locais non baixaron os brazos e seguírono intentando. Froito da sía insitencia farían o empate antes do descanso.

Trala pausa, o encontro mantívose na mesma tónica e o Interrías estivo máis acertado de cara o gol. Pibe e Bruno Ribeiro cerrtificarían a victoria visitante mediada a segunda metade.

Un triunfo que deixa un bo sabor de boca no conxunto portonovés neste final de temporada. Agora os xogadores desfrutarán duns días de descanso mentres que a directiva adicarase a planificar a temporada que ven comezando por atar un novo presuposto e confeccionar un plantel no que prevense algúns cambios.

O Grupo Junquera pola súa parte non completou un bo partido na súa despedida e empatou en Fontecarmoa co Bueu (4-4). Os de Juancar xogaron con escasa intensidade na primeira metade o que lles custou irse ó descanso 1-3 abaixo. Reaccionaron no segundo tempo e foron quen de dárlle-la volta ó electrónico, pero Juncal empatou a tres para o final. O Junquera tivo despois as súas opcións para levarse o triunfo pero errou ante o porteiro buenense. Ángel e Fran, ambos por partida dobre, fixeron os tantos dos locais.

Este punto os deixa quintos na xeral final. Unha posición que mellora a clasificación do ano pasado pero que non cumpríu coas expectativas creadas por unha directiva que confeccionou o plantel coa intención de loitar polo ascenso.

Redacción Salnés