Chega ó seu remate o II Campus Juan De Dios Román

juande250_040708.jpgGROVE > O II Campus Juan De Dios Román, que se celebrou esta semana no Grove, botou ó peche ata o ano que ven. Estivemos co exseleccionador nacional que nos contou qué foi o que máis lle chamou a atención do seu encontro cos rapaces.

{flowplayer}images/salnes/JuanDeDiosRoman_040708.flv{/flowplayer} 

Rematou por este ano o Campus Juan de Dios Román, que reuníu a case setenta rapaces estes días no Grove. A maioría deles eran galegos, aínda que moitos decidiron cruzar España para desfrutar desta magnífica oportunidade; viñeron dende Alicante, Palencia ou Bizcaya entre outros lugares.

Durante estes últimos días recibiron clases de técnica e táctica polas mañás que logo aplicaron polas tardes en partiditos e competicións. Hoxe, día do peche recibiron a visita do padriño do campus, Juan De Dios Román, ex seleccionador nacional de balonmán e adestrador durante os últimos 40 anos de equipos tan granes como o Cidade Real, ó que aínda sigue vinculado. 

Aproveitando a súa presencia por estas terras preguntámoslle pola inminente chegada dos Xogos Olímpicos e das posibilidades que a selección española ten de traerse unha medalla dende a China. Dixo qe será un torneo "con moitas incógnitas", debido a que os xogadores chegan sen ritmo de competición e que a maioría dos equipos terán baixas importantes.

Con esta visita pechouse o campus por este ano, un éxito de novo. Polo Grove pasaron estes días estrelas da ASOBAL coma Iván Infestas (Academia Octavio Pilotes Posadas) e Roberto García Parrondo (Cidade Real) ou o árbitro Rodrigo Costas.

Con todo, este foi un campus no que divertimento e aprendizaxe, déronse a man.

Redacción Salnés