Caride coloca a primeira pedra do acceso ó Xufre

    caride_xufre100_150109.jpgA ILLA > Este conflito veciñal non impediu que a conselleira de Política Territorial inaugurara estas obras. A estrada autonómica PO-307 ten un prazo …

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_xufre.flv{/flowplayer}

    A ILLA > Este conflito veciñal non impediu que a conselleira de Política Territorial inaugurara estas obras. A estrada autonómica PO-307 ten un prazo de execución de 24 meses e permitirá mellorar os accesos ao porto de Xufre e ás industrias situadas nese espazo.

    A vía urbana contará cun carril por sentido de tres metros vintecinco centímetros, dúas beirarrúas de dous metros e un carril bici de tres metros polo lado da costa. Este é o resumo dun proxecto valorado en case catro millóns de euros. A conselleira responsable, María Xosé Caride, puxo a primeira pedra desta obra coa intención de que sexa unha vía que beneficie aos veciños da Illa.

    Esta estrada é unha alternativa á vía actual e servirá para mellorar os accesos e a seguridade de cantos circulan polas proximidades do porto de Xufre. O alcalde da Illa, o socialista Manuel Vázquez, considera que a estrada PO 307 beneficiará á industria pesqueira do municipio ao mellorar os accesos ao porto municipal.

    A consellería de Política territorial investirá outros 14 millóns de euros en levar a cabo a reestructuración da ponte da illa. Un proxecto que está a piques de ser adxudicado e que consiste no acondicionamento da plataforma actual da ponte. De cara ao futuro, a Xunta tratará de levar a cabo a ampliación do porto de xufre para transformalo nun porto deportivo.

    Redacción Salnés