A Volta Ciclista a Galicia rematará en Pontevedra

PONTEVEDRA> Este ano, a Volta ciclista a Galicia rematará en Pontevedra. A proba chegará á cidade o vindeiro domingo, converténdose en punto de encontro do mellor ciclismo amateur galego. Na súa décimo cuarta edición, a Volta arrancará en Lugo e serán 18 equipos os que pelexen pola vitoria.

 

Este domingo na praza de España arrancará a terceira e última etapa da décimo cuarta Volta a Galicia, que esta edición volve a Pontevedra.

A saída será ás 10 da mañá. Despois de percorrer varias rúas do centro, o pelotón enfilará a ponte das Correntes ata Poio, para pasar despois por Barro, Moraña, Caldas de Reis, Valga, Pontecesures, Catoira e Carril ata Vilagarcía. Aquí, o Monte Lobeira será o primeiro porto da xornada. O seguinte punto máis duro será a suba ao alto da Escusa, ao que seguirá o descenso cara Pontevedra, rematando, de volta, na Praza de España cara o mediodía.

Dezaoito equipos de categoría elite e sub-23 participan nesta Volta. Entre eles, aspirará ao triunfo o Super Froiz. O seu director apuntaba hoxe ás posibilidades do seu conxunto de gañar a proba, e destacaba a calidade do circuíto nesta edición.

A Volta arrancará en Lugo este venres 18. A segunda etapa celebrarase entre Esgos e o porto de montaña de Manzaneda, a que xa se coñece como a raíña desta proba. Os ciclistas percorrerán un total de 400 quilómetros, pelexando para proclamarse campións da Volta a Galicia.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/16/volta_galicia_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/16/volta_galicia_pontevedra.mp4{/flowplayer}