O concello de Pontevedra trasladarase á ex Delegación de Facenda

    facenda100.jpgPONTEVEDRA> Coa inauguración do novo edificio da Xunta en Pontevedra, quedarán en desuso as instalacións que, ata o de agora, ocupaban as delegacións das consellerías…

    … do goberno autonómico. A tenente de alcalde, Teresa Casal, firmou un Protocolo co conselleiro de Presidencia que permitirá ao concello pontevedrés facer uso dalgunhas desas instalacións. Como consecuencia deste convenio, a casa consistorial de Pontevedra a estar no edificio de Facenda, en menos de dous meses.

    O actual edificio ten os días contados como sede do concello pontevedrés. Dentro dun mes e medio, a Casa Consistorial estará situada na anterior delegación de Facenda, situada na rúa Michelena, a carón da praza da Ferrería. Este foi un dos puntos do protocolo que asinou esta mañá, a tenente de Alcalde de Pontevedra co conselleiro de Presidencia, Xosé Ramón Fernández.

    O 1 de marzo é a data límite para que o concello de Pontevedra comece a súa actividade administrativa no edificio destinado, ata agora, a Facenda. Esta cesión durará tres anos, que poden prorrogarse, en función do estado das obras da facultade de Belas Artes. Este centro universitario será a sede definitiva do concello pontevedrés, cando rematen os traballos de rehabilitación. A actual sede consistorial tamén sufrirá unha rehabilitación e usarase, posteriormente, para actos institucionais.

    O protocolo que se asinou o venres contempla unha modificación do plan de urbanismo para recalificar a anterior sede da Xunta, situada en Benito Corbal e a anterior sede de Facenda. Que deixará de ter uso institucional e pasará a ser un inmoble con uso residencial. Este proceso administrativo tamén se levará a cabo no anterior edificio de Facenda, que acollerá oficinas comerciais, en canto o Concello desocupe estas instalacións. 

     Segundo o Protocolo, a anterior sede da delegación de Industria pasará a ser a nova oficina do Inem. As dimensións da oficina de Emprego son insuficientes na actualidade para atender aos cidadáns que precisan deste servizo.

    A consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ubicada en Montero Ríos, tamén se transferiu ao Concello pontevedrés. O goberno local ten intención de negociar coa Deputación Provincial a cesión deste edificio para que lle dea uso a primeira institución da provincia.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/delegacions_xunta.flv{/flowplayer}