Patrimonio frena a nova ponte en Monte Porreiro

    louzan100_190109.jpgPONTEVEDRA> A ponte sobre o río Lérez que permitirá o acceso norte a Monte Porreiro, en Pontevedra non se poderá construír.

    {flowplayer}images/salnes/LOUZAN.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > A ponte sobre o río Lérez que permitirá o acceso norte a Monte Porreiro, en Pontevedra non se poderá construír. A Dirección xeral de Patrimonio, da Consellería de Cultura acaba de bloquear a obra. O presidente da Deputación Rafael Louzán denunciou isto como un atropelo, o segundo en menos de 48 horas, despois da denegación da axuda á gardería de Príncipe Felipe.

    O informe de Patrimonio, que chegou á Deputación o venres, impide a continuación da tramitación e a execución da obra, que xa fora licitada pola Deputación á empresa Sercoysa. O documento indica que se debe estudar outra alternativa que evite o paso do vial preto do mosteiro de Lérez. Patrimonio rexeita o trazado pola afección que ten sobre o paraxe que rodea o mosteiro. Isto carece de sentido segundo Louzán, quen lembra que as competencias sobre conservación da natureza son de Medio Ambiente, quen si autoriza a nova ponte.

    O presidente da Deputación advirte de contradicións no informe, quen argumenta que o AVE vai cruzar o Lérez preto da ponte actual do ferrocarril e que non procede autorizar outra. A Deputación insistirá en que se faga a obra e hoxe mesmo comezou a redactar as alegacións ó informe de Patrimonio.

    Redacción Salnés