CAMBADOS> Psoe e Somos Cambados reforzan a súa alianza de cara ao cambio da alcaldía da vila. Nun encontro mantido por ambas formacións acordaron mellorar a comunicación e organización do bipartito e reestruturar algunhas áreas. As concellerías principais non se verán afectadas.
Trala renuncia de Fátima Abal a alcaldía de Cambados, Psoe e Somos convocaron un encontro para garantir a continuidade do bipartito. Na xuntanza, ambas formacións expuxeron as súas cuestións a mellorar e acordaron reforzar a organización e comunicación entre os dous partidos.
Ademais da organización, ambos partidos tamén acordaron reestruturar algunhas áreas de goberno.
Estes cambios non afectarán as concellerías principais.
Ambos partidos tamén abriron a porta ao diálogo e aos acordos co BNG pero entenden que a estas alturas de mandato, a posibilidade do tripartito está practicamente descartada. A pesar diso, os nacionalistas apoiarán a investidura dun Samuel Lago que afronta o cargo con ilusión e responsabilidade.
Samuel Lago tamén agradeceu que Fátima Abal continúe sendo concelleira e destacou o seu traballo nas súas áreas de goberno.