Preto de 700 alumnos de Vilagarcía participaron nos proxectos socio educativos do concello

VILAGARCÍA> Máis de 700 alumnos de Vilagarcía participaron nos dous proxectos socio educativos desenvolvidos polo concello o pasado ano. As actividades estiveron enfocadas na resolución pacífica de conflitos para os máis pequenos e na xestión das emocións para os adolescentes. O concello anuncio que para este ano engadirá un novo proxecto que irá enfocado á prevención do xogo nos institutos.

O concello de Vilagarcía fai un balance moi positivo dos proxectos socio educativos desenvolvidos nos diferentes centros escolares da vila. O goberno local xunto coa empresa Arela levaron a cabo os programas Empatiza e Teatro foro conseguindo chegar a máis de 700 alumnos e alumnas. O primeiro dos proxectos, o Empatiza, estivo enfocado ao alumnado de primaria co obxectivo de ensinarlles a solucionar conflitos de forma pacífica.

O segundo, o Teatro Foro, traballou con adolescentes dos centros de secundaria para axudalos a xestionar as súas emocións.

Neste 2023 o goberno local anuncio que manterá os dous proxectos, peor a maiores incluirá un novo programa enfocado á prevención do xogo nos institutos.

A convocatoria para participar nestes proxectos está aberta a todos os centros educativos da vila para intentar chegar a toda a mocidade. Os programas adáptanse aos horarios e necesidades de cada centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí