O bipartito aproba en solitario o orzamento para o 2009

    pleno_vila_100.jpgVILAGARCÍA> O goberno bipartito de Vilagarcía aprobou onte en pleno o orzamento municipal para este ano 2009; que conta cun montante global…

     {flowplayer}images/salnes/010509_pleno_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … de 30.14 millóns de euros, un 5.9 % máis, 1.6 millóns de euros, respecto ó ano pasado. Un documento que persegue reducir o gasto corrente e incrementar a inversión social segundo a alcaldesa Dolores García. Os orzamentos saíron adiante cos votos a favor de PSOE e BNG, cos votos en contra do PP e de EU, e ca abstención de IVIL, que conseguiu que fose incluída no documento unha moción súa.

    Unha das críticas da oposición baseouse na presunción dos populares de que o documento ía a obrigar a subir os impostos a curto prazo ó estar algunhas das partidas orzamentarias infladas.

    Desde o PP denunciaron tamén que esta é a primeira vez nesta década que Vilagarcía chega a ter un balance negativo. Unha situación que se debe en parte o excesivo peso do gasto en persoal municipal deste documento, que supón un 40 % do total. Unha acusación que foi rebatida con contundencia por Esquerda Unida que definiu esta postura do PP como un intento de facer un expediente de regulamentación de emprego a nivel municipal. Este último grupo de esquerdas, denunciou tamén outros puntos negativos da proposta económica do bipartito como é a falla de subidas ás accións sociais directas.

    Nesta sesión cabe destacar unha nova invitación do BNG ó equipo que lidera Juan Fajardo para que forme parte do goberno municipal, á raíz dunha proposta de EU para incrementar o aforro enerxético. Este pleno foi o último no que participou o xa ex-concelleiro popular Juan Maneiro, que nesta sesión renunciou a súa acta na corporación para poder marchar cara a Dirección Xeral de Innovación Tecnolóxica.

    Redaccións Salnés