O polígono de Sete Pías xa dispón de rede Wimax

    wimax_poligono_cambados_100_160109.jpgCAMBADOS > Terá un radio de cobertura 1,5 quilómetros e chegará tamén ó parque empresarial do Salnés e a varias parroquias da zona.

    {flowplayer}images/salnes/160109_wimax_poligono_cambados.flv{/flowplayer}

    A rede Wimax é unha tecnoloxía de comunicación que ademais do acceso a Internet de banda ampla, porá a disposición das empresas que o contraten outros servizos como mensaxería electrónica, conexión de liñas telefónicas ou un sistema de cámaras de vixilancia. Para a instalación desta infraestrutura a consellería de Industria contou cun orzamento de preto de 250.000 euros. Segundo o seu titular, Fernando Blanco, a Wimax permitirá mellorar a actividade e competitividade das empresas.

    A rede terá unha cobertura dun quilómetro e medio. Nese radio entra tanto o polígono de Sete Pías como o parque empresarial do Salnés en Ribadumia. Tamén poderán contratar este servizo os habitantes das parroquias limítrofes de Xesteira, Cabanelas, San Antón, Fornos e Ribadumia.

    Durante o acto de inauguración, o tenente alcalde de Cambados, Luís Aragunde, aproveitou para transmitir ó conselleiro a preocupación dos veciños de Oubiña ante a instalación do polígono de Tremoedo. Temen que os desaugues non soporten o caudal de auga xerado polo parque. Aragunde solicitou tamén a ampliación do polígono de Sete Pías. O conselleiro comprometeuse a comunicarlle esta solicitude á consellería de Vivenda.

    Redacción Salnés