Dez compañías profesionais tomarán parte este ano na Mostra de Teatro de Ribeira

RIBEIRA> A Mostra de Teatro de Ribeira incluirá este ano un total de dez representación. Todas elas a cargo de compañías profesionais que traerán á localidade as súas últimas estreas. A actividade iniciarase o vindeiro 7 de outubro, prolongándose ata 9 de decembro.

Na Mostra tomarán parte compañías de recoñecido prestixio como é o caso de Redrum Teatro, Malasombra, Talía ou Berrobambán, entre outras.

As funcións, recomendadas para maiores de 16 anos, serán tódolos venres ás nove e cuarto da noite no Auditorio Municipal. Como en anteriores edicións poderase adquirir un bono por importe de 25 euros que dará dereito a asistir a todas as funcións da mostra  mentres que o prezo individual da entrada para cada espectáculo será de 4 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí